Saturday 18 de May de 2024

A Pobra viviu unha xornada reivindicativa polo Día Internacional da Muller


Con motivo do Día Internacional da Muller neste 8 de marzo, A Pobra do Caramiñal foi escenario dunha marcha feminista que deu comezo ás 20.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán para percorrer distintas rúas peonís ata chegar á casa consistorial, onde se procedeu coa lectura do manifesto por parte da concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra).

Así mesmo, fíxoselles a proposta aos centros da educación infantil e da primaria dunha actividade consistente na elaboración dun gorro de papel clásico con cartolina violeta para, posteriormente, formar arredor de cada centro de estudos unha cadea humana portando unha pancarta na cabeceira. Tamén se formulou unha actividade complementaria e reflexiva en que o alumnado escribise nun papel o que fai no ámbito persoal pola igualdade.

Todas estas accións enmárcanse na programación posta en marcha pola Concellaría da Igualdade para todo o mes de marzo baixo o lema “Igualdade, conta comigo!”.